Na Coruña Contas

Volver

Rehabilitación de edificios desocupados para vivendas sociáis.

@Argos_DeCore@mastodon.gal @Argos_DeCore@mastodon.gal  •  10/05/2018  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 1266

No barrio da Pescadería e na Cidade Vella abondan os edificios abandoados, ben sexa por unha intencionalidade de especulación, falta de recursos dos propietarios ou incapacidade de xestión dos seus donos.

Propoño expropiar ou mercar estes edificios e convertilos en vivendas sociais, paliando ademáis o déficit de poboación da Cidade Vella.

Se cadra algún deles tamén se podería converter en albergue de xuventude ou, na Pescadería, nun espazo vacío, para reducir a densidade de construcción na zona.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos