Na Coruña Contas

Volver

Cámara de frío para o Mercado San Agustín

abarran abarran  •  09/05/2018  •  Distrito 10  • 

camara-frio-industrial-no-congelado-240-metros.jpg
camara-frio-industrial-no-congelado-240-metros.jpg

Código proposta de investimento: 1253

Trátase de dotar dunha infraestrutura de frio para a mellora do servizo e da calidade dos produtos que vendemos no Mercado de San Agustín 

Levamos anos solicitando unha cámara de frío comunitaria para dar un maior servizo aos postos que alí venden tal e como teñen outros mercados municipais da cidade. Pois deste xeito poderemos dar unha maior variedade e oferta de producto aos nosos clientes dos mercados municipais e poderemos conservalos nas mellores condicións.

Dotar de servizos un mercado é a máxima pola que pedimos esta infraestrutura, tan necesaria nos tempos que corren. É tendo en conta que poderíase panelar ou poñer un vinilo decorativo contando a historia do noso mercado, integrandose nun dos postos valeiros do interior. 

Proposta en nome de: Asociación de Vendedores do Mercado San Agustín

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos