Na Coruña Contas

Volver

Estudo de viabilidade do sistema Trampe

smlebo smlebo  •  09/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Trampe en Trondheim
Trampe en Trondheim

Código proposta de investimento: 1250

O sistema Trampe é o primeiro e único remontador para bicicletas do mundo, instalado en Trondheim, Noruega. O seu funcionamento pode verse en http://www.geektime.com/2014/12/09/tired-of-biking-up-hills-this-city-in-norway-installed-the-worlds-first-bike-lift/.

Xa que un dos inconvenientes que frecuentemente se plantexan na Coruña para o uso da bicicleta son as pendentes pronunciadas en rúas coma a Av. Fisterra ou a Rolda de Outeiro, propoño o estudo de viabilidade de instalación deste sistema no marco do carril bici que se está a desenvolver na actualidade.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos