Na Coruña Contas

Volver

Aparcadoiro de Caravanas

abel abel  •  09/05/2018  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 1235

A proposta consiste en darlle un novo uno á parte pavimentada da praza Casares Quiroga e reconvertila nun aparcadoiro de Caravanas e autocaravanas.

Fundamentado en:

- Nestes momentos non ten ningunha utilidade a praza.

- A praza conta con diferetentes suministros como son a luz ou a auga.

- A segunda fase de Elviña é unha zona de moi pouco paso, e polo tanto, conseguiríamos que polo menos un turismo que en xeral é respetuoso estivese polo noso barrio.

- Según foros de caravanistas, considérase que A Coruña ten un grande potencial de turismo de caravana, pero non ten unha zona que sexa atractiva para os mesmos. Pois nestes intres so contamos cun aparcadoiro adaptado para caravanas no PORTIÑO, nunha zona idílica, si, pero sen unha boa comunicación de transportes. Hai máis caravanas no aparcadoiro da torre de Hércules que non ten onde vaciar augas negras nin repostar auga limpa.

Proposta en nome de: Asociación de Comerciantes Boulevard Elviña

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos