Na Coruña Contas

Volver

RECUPERACIÓN DA PRAZA SALVADOR DE MADARIAGA

A. Martínez A. Martínez  •  03/05/2018  •  Distrito 9  • 

Praza Salvador de Madariaga
Praza Salvador de Madariaga

Código proposta de investimento: 1058

O longo dos anos o axardinamento desta plaza foi cambiando de forma arbitraria causando danos no cespede e noutras especies orixinais do mesmo.

Proponse unha intervención no axardinamento (plantando arbustos e vexetación desaparecida, podando ou sustituindo árbores que impiden o correcto soleamento dos xardíns e a morte do cespede, e estudando a disposición actual da vexetación, froito dunha planificación inexistente, así como a posibilidade de mellorala ou ampliala), así como a reposición de pezas de mobiliario urbán que foron desaparecendo co tempo.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos