Na Coruña Contas

Volver

REORDENACIÓN EDIFICIO MUNICIPAL DURÁN LORIGA

A. Martínez A. Martínez  •  03/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Edificio Municipal de Dúrán Loriga
Edificio Municipal de Dúrán Loriga

Código proposta de investimento: 1057

Proponse o traslado dalgunhas das asociacións situadas no edificio ao pazo de veeduría na cidade vella, a fin de , co espazo libre deixado polas mesmas, ampliar o espazo existente para o CGAI ou o arquivo histórico municipal, ou ben para a creación dun CENTRO CÍVICO no centro da cidade.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos