Na Coruña Contas

Volver

ARRANXO DO LABIRINTO VEXETAL DE SAN PEDRO

A. Martínez A. Martínez  •  03/05/2018  •  Distrito 2  • 

Labirinto de San Pedro
Labirinto de San Pedro

Código proposta de investimento: 1053

O labirinto vexetal do Monte de San Pedro atópase nun estado lamentable. Os percorridos orixinais foron alterados, os arbustos secaron en partes do percorrido e incluso o pavimento presenta fochancas e desperfectos que dan moi mala imaxe da instalación.

Proponse a replantación de zonas danadas, así como a implantación de barreiras que impidan danos na vexetación polo paso por zonas non habilitadas, así como arranxo das fochancas.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos