Código proposta de investimento: 1049
Algúns dos módulos interactivos deste museo científico da cidade continúan invariables dende a súa inauguración e nun estado de deterioro evidente. Proponse a renovación de parte dos mesmos para a posta en valor do museo, nunha rede de museos municipais que supuxo un referente a nivel estatal.
A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.
Este acuario pode ser moi mellorado. Exemplos témolos en Gijón e San Sebastian que teñen moita mais variedade expositiva de especies. O noso acuario ten espacios valeiros non aproveitados
O que habería que facer é deixar de utilizar animais nos museos.