Na Coruña Contas

Volver

REURBANIZACIÓN DO CANTÓN PEQUENO E O CANTÓN GRANDE

A. Martínez A. Martínez  •  03/05/2018  •  Distrito 10  • 

Recreación da intervención, coas ampliación de beirarruas
Recreación da intervención, coas ampliación de beirarruas

Código proposta de investimento: 1046

Trala apertura do Tunel de María Pita, a sección destas rúas está sobredimensionada. O espazo para carrís de circulación é excesivo e as beirarrúas resultan estreitas en moitas ocasións.

Proponse a reducción dos carrís de circulación e o aumento do espazo para o peón, ampliando os espazos de estancia con mobiliario urbán e vexetación. A intervención respectaría as beirarrúas actuais de granito e simplemente ampliaría a súa sección, reordenando o tráfico.

Tense en conta no deseño o futuro carril bici metropolitan.

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe técnico: "Trátase dunha zona de actuación moi ampla (ao redor de 500 m de lonxitude cunha anchura duns 20,00 m entre as actuais liñas de bordo) que, ademáis, está incluida no ámbito regulado polo Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e a Pescadería (PEPRI), polo que, para a súa reforma, haberían de seguirse as condicións de urbanización definidas no devandito documento, tanto no referente aos materiais que deben empregarse nas pavimentacións (lousados de pedra, etc.), como ás características dos elementos cuxa dotación sería preciso incrementar (mobiliario urbano, arboredo, etc.). Ademais, habería que executar os servizos necesarios para completar as redes municipais existentes, así como valorar a reposición dos restantes servizos afectados. A todo isto habería que engadir que a maior parte do ámbito atópase sobre un aparcadoiro subterráneo. Por todo iso, estímase que o custo da actuación excedería o orzamento máximo de 1.000.000 €." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos