Na Coruña Contas

Volver

REORDENACIÓN URBANA DA ZONA DAS ÁNIMAS

A. Martínez A. Martínez  •  03/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Rotonda, reordenación de viais e aparcamentos e ampliación da zona verde
Rotonda, reordenación de viais e aparcamentos e ampliación da zona verde

Código proposta de investimento: 1043

A zona das ánimas converteuse nun espazo urbano mal resolto.

A actual zona verde cercada polo tráfico carece de uso público, o funcionar como rotonda. O acceso ó Castelo de Santo Antón resulta perigoso e sobredimensionado, e existen demasiados carrís de circulación.

Proponse a simplificación do mesmo, creando unha rotonda que comunique a saída do tunel, o acceso a Santo Antón, o Paseo marítimo e a subida polo Paseo do Parrote.

Esta redistribución permitiría unha maior separación da porta da muralla e o tráfico, ampliando a zona verde perimetral á mesma. A supresión da zona da marquesina do tranvía sen uso actual, unha reordenación das prazas de aparcamento que pasan a ser en batería no lindante ó xardín, e unha reducción significativa dos trenzados e m2 destinados a asfalto.

Informe de inviabilidade

Lamentamos comunicarlle que esta proposta é inviable posto que calquera intervención na zona que non se limite ao mantemento, non é competencia municipal senon da Autoridade Portuaria. Animámoslle a seguir presentando outras propostas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos