Na Coruña Contas

Volver

Rúas Liberdade, Igualdade e Fraternidade

dpalleiro dpalleiro  •  02/05/2018  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 1032

Tras o Golpe de Estado de 1936 e a caida da Coruña en mans dos militares golpistas, unha das primeiras medidas que tomou o novo goberno fascista foi mudar o nome das rúas Libertad, Igualdad e Fraternidad polos de Disciplina, Justicia e Trabajo.

Xa transcurridos máis de oitenta anos, compre restaurar a memoria republicana da nosa cidade, suprimir os referentes golpista que permanecen no noso rueiro, e con elo tamén rendirlle homenaxe a todos os represaliados nesas mesmas rúas dos barrios de Atochas e Monte Alto.

A proposta consiste en mudar tanto na nomenclatura oficial como na sinalética urbana os nomes da rúa Disciplina polo de rúa Liberdade, da rúa Justicia polo de rúa Igualdade e da rúa Trabajo polo de rúa Fraternidade.

Informe de inviabilidade

Agradecemos a túa proposta pero non é viable cambiar nomes de rúas dentro do programa de Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos