Na Coruña Contas

Volver

Rehabilitacion da pista deportiva da rúa Alberto Datas Panero

mosadi_75 mosadi_75  •  02/05/2018  •  Distrito 9  • 

PISTA POLIDEPORTIVA ALBERTO DATAS PANERO
PISTA POLIDEPORTIVA ALBERTO DATAS PANERO

Código proposta de investimento: 1017

A pista sita na rúa Alberto Datas Panero se atopa nunha situación total de abandono, con parte do mobiliario inservible. Dita cancha non se poden utilizar os vestiarios coma antes, xa que un deles e utilizado polo servizo de barrendeiros e o outro se utiliza como reparto de comida da cociña económica, non resultando moi axeitado o lugar xa que o reparto se fai directamente na rúa. Solicitamos por tanto unha rehabilitación da mesma para que se poida utilizar para o seu fin e en boas condicions.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos