Na Coruña Contas

Volver

Muros alegres

o-fox o-fox  •  02/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 1013

Crear as ferramentas necesarias para regular a posibilidade de que os muros baleiros da cidade pasen a formar parte dunha bolsa para poñer a disposición de artistas urbáns que lles den vida a través de graffittis ou expresións artísticas controladas.

Evitar a aparición das pintadas antiestéticas tipo firmas e permitir a aparición de murais artísticos impactantes que inspiren alegría e mensaxes optimistas. Unha cidade máis artística e menos fachadas de ladrillo e muros de solares desanxelados. Poden ser cesións públicas e privadas.

Informe de inviabilidade

Agradecemos a túa interesante proposta pero non é viable dentro do programa de Orzamentos Participativos, pois supón unha regulación, e non un gasto de investimento.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos