Hai 5 propostas de investimento clasificadas como 'sinalización viaria' en todos os ámbitos
Sustitución selectiva de semáforos cíclicos peonís por pasos prioritarios
4 comentarios • 11/05/2017 •
A Coruña padece un exceso de semaforización anacrónico, que xera molestias aos conductores, peóns e aos propios veciños, debido a un aumento da contaminación sonora e atmosférica xerada polos vehículos tras detencións moitas veces innecesarias.
Proponse, onde sexa posible por cuestións de seguridade, e en especial cando se trate de Zonas 30:
- Instalación de pasos peonís semielevados de preferencia permanente en sustitución de pasos con ciclo semafóricos en zonas con fluxos débiles de peóns.
- Semipeonalización con firme de cemento impreso en sustitución do semáforo con paso convencional, onde os fluxos de peóns sean maiores que os de vehículos. Ex. executado: Rúas Angel Senra-San Luis.
- Sustitución de semáforo por un ceda/STOP en intersecións de sentido único onde a visibilidade e a velocidade dos vehículos o permitan.
Ex. posibles aplicacións: Fonseca, Picavia; E. P Bazán.
Adecentamento e recuperación do barrio de Castro de Elviña
1 comentario • 18/05/2017 •
O barrio de Castro de Elviña está totalmente esquecido pola administración. Actuacións importantes e básicas para a súa posta en valor e seguridade veciñal:
-Reasfaltado xeral das rúas do barrio, non tiveron un mínimo de mantemento.
-Reposición do espello para vehículos no cruce da rúa Castro de Elviña coa estrada interuniversitaria. Caeu nun dos últimos temporais e non foi reposto.
Incrementar a cantidade de semáforos e pasos de peóns na Avenida de Pedralonga
1 comentario • 01/05/2017 •
Nos últimos meses xa contamos con mais pasos de peóns no barrio e cambiamos algún ante o perigo que supoñía para os veciños a súa disposición . Pero creemos que é importante a colocación dalgún semáforo mais ,sobre todo no tramo da Avda de Monserrat, xa que a presencia de pasos para peóns ás veces non é respetada pola xente que circula en coche.
Ante os últimos accidentes e ante a velocidade coa que circulan os coches por esa zona ,creemos que é necesaria a presencia de máis semáforos e así poder sentirnos máis protexidos. Os peatóns son siempre os que se atopan en desventaxa ,e os nosos veciños teñen que poder pasear polo barrio seguros.
Más Señales de tráfico (zona 30)
1 comentario • 28/04/2017 •
Instalar más señales horizontales y verticales de zona 30 y elevar los pasos de peatones en todo el barrio para evitar el exceso de velocidad.
MELLORA DA ACCESIBILIDADE DO BARRIO DAS FLORES
4 comentarios • 11/05/2017 •
A ACCESIBILIDADE DO BARRIO DAS FLORES CONDICIONA O ACCESO ÁS PERSOAS CON PROBLEMAS DE MOBILIDADE A DETERMINADAS ENTIDADES UBICADAS NA MESMA. SERÍA IMPRESCINDIBLE QUE SE ACONDICIONASE E SE SALVASEN BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS, CONCRETAMENTE AS ESCALEIRAS, O CHAN É ESBARADIZO SE ESTÁ MOLLADO. CONCRETAMENTE O ACCESO Á ASOCIACIÓN PARKINSON GALICIA-CORUÑA, UBICADA NA RÚA JAZMINES BLOQUE 50, É MOI DIFICULTOSO PARA GRANDE PARTE DOS NOSOS USUARIOS/AS, NON SE PODE CHEGAR AO MESMO EN VEHÍCULO ADAPTADO.