A Porta Aberta

Volver

Orzamentos participativos

Propostas de todos os ámbitos (toda a cidade e todos os distritos)

Mostrando 1 - 10 dun total de 12 propostas de investimento clasificadas como 'Deportes' en todos os ámbitos

Distrito 4

Parque de skate en Novo Mesoiro

  2 comentarios  •  04/05/2017  •  viladacosta

Creación dun parque de Skate como o que se encontra no parque de Eirís. 

Dar posibilidades a mais de 1500 nenos e nenas con gran potencial no uso de patinetes e bicicletas.

Unha posible ubicación sería a que se atopa no solar entre o pavellón deportivo e o parque infantil da rúa Ancares.

Tamén poderiase pensar nun parque de terra cross, para o uso de carreiras de bicicletas.

200.000 €
Distrito 4

Instalación de máquinas biosaludables para adultos no parque

  1 comentario  •  08/05/2017  •  paz.garcia

Hola. Gustaríame que se instalasen máquinas biosaludables para adultos no parque do centro cívico de Mesoiro. Así cando levo o meu fillo ó parque, podería facer exercicio mentras o vixío, en vez de ter que estar sentada nun banco.   

30.000 €
Toda a cidade

Pistas de Mini-Basket na cidade

  1 comentario  •  10/05/2017  •  2jn

As nenas e nenos de Coruña carecen de espazos públicos onde poder xogar ao baloncesto xa que as canastas existentes son de 3 metros de altura. Pido que se poida ter en conta a eses cativos aos que o futbol non lles emociona.

Grazas

250.000 €
Distrito 5

Área biosaudable para nenos e maiores

  1 comentario  •  21/05/2017  •  Rexumeir@s

En Elviña e Castro non hai ningún espazo de lecer, nin de xogos nin cultural, nin para os nenos nin para os maiores.

Proponse a creación dunha área de lecer que inclúa unha zona de xogos infantil, unha zona de descanso, unha zona biosaudable para maiores e unha zona de deportes.

 

 

200.000 €
Distrito 4

Zona de xogos do centro cívico de Feáns

  Sen comentarios  •  11/05/2017  •  pancastro

Cambiar os xogos nenos por xogos novos e cambiar os aparatos de ximnasia e biosaudables dos maiores porque son moi grandes e poucos, convén adaptalos ás necesidades físicas das persoas maiores e das mulleres en especial.

140.000 €
Distrito 3

Pista polideprtiva detrás do kiosko de prensa en Avenida de Glasgow, bloque 3

  Sen comentarios  •  12/05/2017  •  mariajosecastelo

Pista polivalente para practica de tenis, baloncesto e balonamo, adaptadas a varias idades

98.000 €
Toda a cidade

Renovación del skatepark de Eirís

  Sen comentarios  •  18/05/2017  •  juancr

El skatepark de Eiris, construido en el año 2005, se encuentra en un estado lamentable como consecuencia de sus más de 10 años de antigüedad, lo que supone un peligro para los niños, patinadores y demás usuarios.

 

 

Aprovechando el espacio actual se podrían construir a un bajo coste unas pistas adecuadas y de calidad para la práctica de un deporte que pasa a ser considerado disciplina Olímpica a partir de los próximos juegos de Tokio.

 

 

Desde la asociación de skate de la ciudad, destacamos la importancia de que la obra sea realizada por una empresa especializada y con el visto bueno de los usuarios para evitar errores cometidos por los ayuntamientos en el pasado.

200.000 €
Distrito 4

Pista de tenis ou badminton na rúa Fragas do Eume

  Sen comentarios  •  13/05/2017  •  nurinhav

Na parte superior da rúa Fragas do Eume en Novo Mesoiro hai unha parcela infrautilizada, o terreo al lado da mesa de Ping Pong. A yerba non se conserva ben e os bancos son utilizados por poucos vecinos.

Penso que sería una boa alternativa construir alí una pista de tenis/badminton, para deportes de raqueta en xeral.

 

47.700 €
Toda a cidade

Microinstalacións deportivas en toda a cidade

  1 comentario  •  15/05/2017  •  slamelov

Trátase de poñer instalacións de baixo custe por toda a cidade alí onde sexa posible; parques, prazas, solares e demáis espazos abertos. Canastras, máquinas de exercicios, porterías, tenis de mesa, campos de chave, obstáculos de skate, etc. A intención é que facer deporte na rúa sexa unha opción cómoda para fomentar o exercicio físico. As instalacións que puxo o concello nestes dous anos tiveron moito éxito, convén aumentar este tipo de instalacións.

250.000 €
Distrito 7

Instalación de Pista Polideportiva no Barrio das Flores

  1 comentario  •  19/05/2017  •  pvbf

Dende os inicios,o Barrio das Flores disfrutou dunha pista polideportiva no seu Parque.Nela xogaban nenos e maiores. Nembargantes,nos anos 80 foi sustituida polo Polideportivo Municipal,con turnos e pagos.Trátase dun equipamento local,para disfrute da cidade,mais non do barrio. Ademáis,as millores franxas horarias están asinadas a entidades privadas ou alleas ó barrio. Solicitamos que o noso Barrio recupere un espazo tradicional de ocio para os veciños, sen custo económico. Fai pouco foi rexeitada unha proposta semellante por problemas de ubicación. Propoñemos dúas alternativas. O orzamento da pista prefabricada é inferior ós 30.000 €, e se calcula unha obra civil lixeira, de xeito que toda a operación non supere un custo estimado duns 50.000 €. Recentemente foron instaladas pistas semellantes en barrios da cidade, como Eirís, Mesoiro e outros con moito éxito.

74.300 €