A Porta Aberta

Volver

Orzamentos participativos

Propostas de todos os ámbitos (toda a cidade e todos os distritos)

Mostrando 51 - 56 dun total de 56 propostas de investimento clasificadas como 'Infraestruturas' en todos os ámbitos

Toda a cidade

Carril bici por TODA la ciudad.

  36 comentarios  •  02/05/2017  •  alehop

Creación de carril bici por toda la ciudad, no sólamente en los espacios recreativos. Como método de desplazamiento habitual necesitamos una red operativa de carril bici para escapar del peligro de los vehículos de motor que a veces nos obliga a circular por las aceras.  Necesitamos una red arterial por las principales vías de la ciudad,  para usar la bicicleta como método de desplazamiento diario, y no sólo para ir a hacer deporte. Es fundamental tener una infraestructura mínima, unas vías de comunicación básicas entre los puntos cardinales de la ciudad, un espacio seguro que una los diferentes distritos,  para que más gente se anime a dejar de usar el coche privado.

250.000 €
Distrito 8

HUMANIZACIÓN RÚA RIBADAVIA

  Sen comentarios  •  15/05/2017  •  lrf

Trátase dunha rúa na que a mellora do seu pavimento é moi necesaria tanto peonil como, cunha maior urxencia, da calzada.

Proponse ampliar esta actuación, levando a cabo tarefas de humanización da rúa: renovación de luminarias, instalación de arborado e mobiliario urbano, etc.

Podería ser moi interesante seguir o exemplo do feito en Orillamar.

150.000 €
Toda a cidade

Todos os colexios da cidade teñan un patio cuberto que cubra as súas necesidades

  5 comentarios  •  09/05/2017  •  anasl

Todos os colexios da cidade deberían contar cun espazo onde os nosos nenos e nenas poidan ter un tempo de lecer mentres están no horario lectivo, que ademais se podería empregar para outras actividades do centro. Hai moitos nenos e nenas da cidade que teñen que pasar o recreo, cando chove, nas aulas por non dispoñer de tal espazo ou o que teñen no cumpre coa súa función de ser cuberto

180.000 €
Distrito 7

Instalación de Pista Polideportiva no Barrio das Flores

  1 comentario  •  19/05/2017  •  pvbf

Dende os inicios,o Barrio das Flores disfrutou dunha pista polideportiva no seu Parque.Nela xogaban nenos e maiores. Nembargantes,nos anos 80 foi sustituida polo Polideportivo Municipal,con turnos e pagos.Trátase dun equipamento local,para disfrute da cidade,mais non do barrio. Ademáis,as millores franxas horarias están asinadas a entidades privadas ou alleas ó barrio. Solicitamos que o noso Barrio recupere un espazo tradicional de ocio para os veciños, sen custo económico. Fai pouco foi rexeitada unha proposta semellante por problemas de ubicación. Propoñemos dúas alternativas. O orzamento da pista prefabricada é inferior ós 30.000 €, e se calcula unha obra civil lixeira, de xeito que toda a operación non supere un custo estimado duns 50.000 €. Recentemente foron instaladas pistas semellantes en barrios da cidade, como Eirís, Mesoiro e outros con moito éxito.

74.300 €
Distrito 7

Parque Biosaludable no Barrio das Flores

  1 comentario  •  19/05/2017  •  pvbf

O Barrio das Flores sufriu na última década un continuo envellecemento demográfico da súa población, unida a unha falta grave de equipamentos para a terceira idade, comezando polo desplazamento do antigo Centro de Saúde a Matogrande.

Endémicamente vimos sufrindo a presencia do oleoducto, que por outra permitiu a existencia dun gran parque central completamente desaproveitado e con falla de conservación.

Solicitamos implementar no parque existente un equipamento biosaludable para a realización de exercicio físico, principalmente enfocado á terceira idade, como os que se fixeron no Parque de Oza ou no Ventorrillo.

O orzamento estimado podería ser por fases, cunha inversión inicial segundo as pezas a instalar de 30.000 a 50.000 €.

73.000 €
Toda a cidade

Aparcadoiros cubertos para bicis

  6 comentarios  •  16/05/2017  •  slamelov

Trátase de poñer aparcadoiros cubertos para bicicletas en todos os edificios públicos, centros educativos, pavillóns, museos, piscinas, estación de buses e estación de tren. O modelo a empregar sería un que mantivera as bicis cubertas para protexelas das inclemencias do tempo, concretamente un modelo que serve tanto para as de Bicicoruña como para calquera outra bici. No caso de Bicicoruña, permitiría conservar mellor as bicis e reducir custes de mantemento

232.000 €