A Porta Aberta

Volver

Orzamentos participativos

Propostas de todos os ámbitos (toda a cidade e todos os distritos)

Mostrando 11 - 12 dun total de 12 propostas de investimento clasificadas como 'Urbanismo' en todos os ámbitos

Toda a cidade

Mellora contorna e accesibilidade Mercado de San Agustín e peonalización parcial

  3 comentarios  •  15/05/2017  •  slamelov

O Mercado de San Agustín é un lugar emblemático, pero a mobilidade da contorna é desastrosa, especialmente para a mobilidade peonil, non hai máis que ver se queres ir pola rúa San Agustín e cando chegas á Praza do Humor non sabes por onde ir entre coches, taxis... e logo o caos de aparcamento que afea toda a contorna. A miña proposta é a de peonalizar desde San Andrés - Cordonería, e deixar acceso ao mercado só para Carga e Descarga con espazo abondo para a actividade do mercado, residentes con garaxe, mobilidade reducida, etc. E deixar acceso pola costa de San Agustín - Xoan XXIII e saída de Vehículos por San Agustín e sen aparcadoiros na contorna do mercado, deixando só espazo para carga descarga e unindo dalgún xeito a rúa San Agustín polo tramo da Praza do Humor.

980.210 €
Toda a cidade

Recuperación ambiental do entorno do castro de Elviña

  2 comentarios  •  21/05/2017  •  Rexumeir@s

O castro de Elviña está sendo obxecto nos últimos anos dun forte investimento na procura de afondar no seu interese arqueolóxico. Paralelamente todo o seu entorno está sendo destruído e deteriorado. Os camiños histórico tradicionais que daban valor ao entorno están en estado de abandono e foron cortados pola Terceira Rolda. Os terreos de Rego de Campos son obxecto dun enorme recheo con áridos para urbanizar o entorno do castro. A área de protección de paisaxe en Castro de Elviña foi coroada cunha enorme torreta eléctrica.

Propoñemos a recuperación do entorno do castro e do propio castro, con medidas como a retirada de escombreira, recuperación dos camiños, soterramento da torre de alta tensión na Costa de Castro.

 

250.000 €