A Porta Aberta

Volver

Orzamentos participativos

Propostas de todos os ámbitos (toda a cidade e todos os distritos)

Mostrando 11 - 20 dun total de 46 propostas de investimento clasificadas como 'Medio Ambiente' en todos os ámbitos

Distrito 9

Mediana Ronda Outeiro Verde

  4 comentarios  •  04/05/2017  •  plati

Sendo o barrio do Agra do Orzán o mais populoso da cidade, è una magoa que no urbanismo destaque sobre todo cemento e mais cemento. Calquera se decata cando ao transitar pola Ronda de Outeiro chega ao barrio. Dende a Avenida Fisterra ata a rúa Manuel Deschamps, a mediana da Ronda deixa de estar axardinada para convertirse en mais cemento para colmo. Reflexo do propio barrio!

 

Axardinar a sua mediana conleva varias ventaxas: Humanizar o barrio e convertilo en menos agresivo para transeuntes na sua principal vía. Obstaculiza o transito indebido de peatóns pola mediana reducindo a probalidade de atropelos por cruzar indebidamente. Escaso gasto económico na obra. etc…

  

110.484 €
Distrito 6

HORTAS URBANAS NO PARQUE DE OZA

  Sen comentarios  •  26/04/2017  •  m.oreiro

Acondicionamento do terreno e as parcelas para utilizar como hortas urbanas no Parque de Oza

24.000 €
Distrito 10

Más árboles en la calle San Andrés y alrededores

  Sen comentarios  •  21/05/2017  •  paulacb

La calle de San Andrés es una de las columnas vertebrales de la ciudad de A Coruña, pero tanto esta calle como las calles adyacentes (Calle Orzan, Comandante Fontanes, Cordelería, Durán Loriga, ....) necesitan humanizarse cuanto antes. No hay apenas árboles y muchas de las calles son grises, incómodas para el peatón e incluso con un aspecto de abandono. Por el bien de la ciudadanía pero también por el pequeño comercio o el turismo es fundamental integrar más árboles y zonas verdes en esta zona.

 

30.000 €
Distrito 10

PLANTACIÓN DE ARBORADO NA RÚA REGO DE AUGA

  Sen comentarios  •  20/05/2017  •  lrf

Plantación de arborado nesta rúa aproveitando o espazo liberado coa recente eliminación dos contedores de residuos.

7.500 €
Distrito 10

Plantación 88 árbores en Avenida Hercules

  6 comentarios  •  29/04/2017  •  juan.cayuela

Pódese facer sen eliminar prazas de aparcamiento: nos tramos con beirarrúas máis grandes poderíase facer na propia beirarrúa (xa hai contenedores de recollida de roupa). Nas zonas máis estreitas poderíase facer parar delimitar comezos de zonas cebreadas (carga e descarga, buses, etc....) coa creación de alcorques na propia calzada que marquen ou diferencien as zonas de aparcadoiro do resto. Tamén se poderían reubicar os contenedores do lixo de forma que creen novas prazas. Nos xiros e incorporacións á Av. de Hércules hai zonas cebreadas (nas que no se pode aparcar) que permitirían crear tamén espacios para árbores evitando así o uso indebido destas zonas. Por último, os cruces entre rúas crean zonas amplas de beirarrúa que permitirían a plantación de árbores sen provocar ningún tipo de perxuicio nin a vehículos nin aos peatóns. 

172.788 €
Distrito 10

Máis árbores na contorna da Praia das Lapas

  Sen comentarios  •  26/04/2017  •  slamelov

A contorna da Praia das Lapas é unha zona de gran valor ecolóxico que necesita protección e melloras. Unha mellora é a de plantar máis árbores e recuperar as que morreron por diversas causas (con especies axeitadas ao lugar). A zona de plantación sería que que vai da Praia ata a rampla que sube á Torre de Hércules, incluíndo a zona que vai desde a rotonda de Breogán ata a "Guitarra", con especial coidado na zona do merendeiro das Lapas.

A maiores da plantación de árbores é necesaria unha limpeza e mellora da canalización do regato.

10.500 €
Distrito 5

Iluminación eléctrica en Castro de Elviña

  1 comentario  •  21/05/2017  •  Rexumeir@s

En Castro de Elviña hai unha zona ampla que carece de iluminación pública. A parte alta da rúa O Canedo e o vial intercampus non teñen nin un farol, o que provoca situacións como a de persoas que teñen que esperar completamente ás escuras nas paradas de bus ou camiñar con pequenas lanternas até as súas casas.

Propoñemos iluminación pública para a rúa O Canedo e que puntos de luz tanto nas paradas 456 e 457 como no seu entorno, a fin de que a xente poda chegar a elas con luz.

142.370 €
Toda a cidade

Máis árbores en toda a cidade

  6 comentarios  •  29/04/2017  •  pelines

Facer da Coruña una cidade máis verde. Non estaría mal tampouco facer novas fontes.

250.000 €
Distrito 9

Remodelacion praza das conchiñas

  4 comentarios  •  15/05/2017  •  jrenhas

A miña proposta basease na recuperacion  do arborado da praza das conchiñas para que volte a ser      o pulmon verde que era antes. Ante as pocas arbores que hai no barrio, a remodelacion da praza so trouxo unha esplanada de cemento inmensa, sen verde e sen sombra. Penso que esta proposta adaptase perfectamente ao presuposto e é unha oportunidade de que a praza volte a ser o que era.

100.000 €
Toda a cidade

Reducción de contaminación acústica. Reasfaltado.

  Sen comentarios  •  02/05/2017  •  Victor

Consiste en aplicar un asfalto fonoabsorbente (que absorbe ruído) nas zonas máis afectadas pola contaminación acústica causada polo tráfico. Debería adaptarse nalgunhas rúas do centro, viais de entrada á cidade e en lugares de especial protección (zonas hospitalarias, etc.).

250.000 €