A Porta Aberta

Volver

Orzamentos participativos

Propostas de todos os ámbitos (toda a cidade e todos os distritos)

Mostrando 11 - 14 dun total de 14 propostas de investimento clasificadas como 'instalacións ao aire libre' en todos os ámbitos

Toda a cidade

Aparcadoiros cubertos para bicis

  6 comentarios  •  16/05/2017  •  slamelov

Trátase de poñer aparcadoiros cubertos para bicicletas en todos os edificios públicos, centros educativos, pavillóns, museos, piscinas, estación de buses e estación de tren. O modelo a empregar sería un que mantivera as bicis cubertas para protexelas das inclemencias do tempo, concretamente un modelo que serve tanto para as de Bicicoruña como para calquera outra bici. No caso de Bicicoruña, permitiría conservar mellor as bicis e reducir custes de mantemento

232.000 €
Distrito 5

Arreglar pistas deportivas calles Milan y Napoles en la Zapateira

  5 comentarios  •  09/05/2017  •  María

Arreglar lo que existe y mejorar las pistas deportivas de las calles Milán y Nápoles:

Arreglar suelo, cierre, red, porterias, añadir canastas, bancos, papeleras, fuente, pintar lineas en el suelo ...

78.000 €
Toda a cidade

Transformar en parque inclusivo e dinámico a praza Salvador de Madariaga

  6 comentarios  •  21/05/2017  •  FelipeTrillo

Deste espazo de 7.370m2 (4 niveis cun desnivel de 10m), apenas se fai uso diario do 10-15% pola mor da desorganización dos usos-servizos, e a localización dos xogos infantís-xuvenís en zonas sombrías.

Hoxe é una zona de paso, e por elo propoñemos reorganizar e dinamizar este parque con medidas económicas e sinxelas, converténdoo nun punto de encontro interxeracional para veciños e cidadáns que fan uso dos equipamentos da zona. Convivencia, xogo, cidade e natureza son posibles cada día e para todas as idades:

1. Agrupar as zonas de xogos, co traslado dos xogos infantís e xuvenís da parte superior (máis sombría) á zona aberta accesible e ben soleada.

2. Engadir máquinas de exercicios saudables para maiores.

3. Renovar mobiliario, mesas, bancos e papeleiras na zona de abrigo, a carón da pista de skate.

4. Retirar árbores de folla perenne que impiden a boa visibilidade e o bo soleamento.

262.000 €
Distrito 4

Zona de xogos do centro cívico de Feáns

  Sen comentarios  •  11/05/2017  •  pancastro

Cambiar os xogos nenos por xogos novos e cambiar os aparatos de ximnasia e biosaudables dos maiores porque son moi grandes e poucos, convén adaptalos ás necesidades físicas das persoas maiores e das mulleres en especial.

140.000 €