Mostrando 11 - 20 dun total de 56 propostas de investimento clasificadas como 'Infraestruturas' en todos os ámbitos
Bancos para o enc o ntro e descanso daveciñanza na Silva e Cances-Penamoa
Sen comentarios • 18/05/2017 •
No Lugar da SIlva vive moita xente maior e son moitos os recunchos de encontro que carecen de bancos para sentarse e falar das nosas cousas. Precisamos de bancos situados en lugares amables como o entorno ds fonte de Cances, na Fontenova, na Pichiqueira fronte centro civico.
Cara unha iluminación eficiente
2 comentarios • 02/05/2017 •
Propoño como medida inicial o cambio de farolas en zonas verdes por outras led e solares, que poidan contar tamén con detectores de movemento. Asi poderán manterse apagadas durante boa parte da noite, evitando a consecuente contaminación lumínica.
DOTAR A MATOGRANDE DE MAS ESPACIOS VERDES
2 comentarios • 29/04/2017 •
Existe una plaza entre bloques( próximos a avda. Alfonso Molina) que carece de vegetación. El resto de plazas tiene árboles y arbustos frondosos en cambio esta se quedo a campo. Cuál es el motivo de este abandono??
Mi petición es que repongan árboles y plantas en esta plaza. También pintar bancos .
Por otra parte creo que se puede mejorar la mediana de la calle Enrique Mariñas, convertirla en una auténtica mediana verde.
Este barrio tiene exceso de hormigón.
ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO E DANZA
1 comentario • 09/05/2017 •
Creación dunha escola municipal de teatro e danza na cidade.
Plan de xogos no parque grande de Novo Mesoiro
Sen comentarios • 04/05/2017 •
Instalación de maior oferta de xogos e gincanas, coma poden ser muros de escalada, monticulos con tobogans, pasos de madeira... que se esparzan polo parque aproveitando o tamaño de este. Actualmente os xogos encontranse nun reducido espacio, concentrandose toda a actividade alí e deixando inútil o aproveitamento do parque.
Máis árbores en toda a cidade
6 comentarios • 29/04/2017 •
Facer da Coruña una cidade máis verde. Non estaría mal tampouco facer novas fontes.
Recuperación ambiental do entorno do castro de Elviña
2 comentarios • 21/05/2017 •
O castro de Elviña está sendo obxecto nos últimos anos dun forte investimento na procura de afondar no seu interese arqueolóxico. Paralelamente todo o seu entorno está sendo destruído e deteriorado. Os camiños histórico tradicionais que daban valor ao entorno están en estado de abandono e foron cortados pola Terceira Rolda. Os terreos de Rego de Campos son obxecto dun enorme recheo con áridos para urbanizar o entorno do castro. A área de protección de paisaxe en Castro de Elviña foi coroada cunha enorme torreta eléctrica.
Propoñemos a recuperación do entorno do castro e do propio castro, con medidas como a retirada de escombreira, recuperación dos camiños, soterramento da torre de alta tensión na Costa de Castro.
Creación dunha pequena praza nas confluencias da Rúa Marconi coa Rúa Mondoñedo
Sen comentarios • 09/05/2017 •
Actualmente este pequeno espazo no barrio de Monte Alto é un recuncho frío e inhóspito, cheo de coches, sen beirarrúas nin espazo para o peón.
Propoño a creación dun espazo de estancia, con arbolado e vexetación, que permita a instalación de terrazas e xenere un recuncho agradable para a poboación.
HUMANIZACIÓN RÚA RIBADAVIA
Sen comentarios • 15/05/2017 •
Trátase dunha rúa na que a mellora do seu pavimento é moi necesaria tanto peonil como, cunha maior urxencia, da calzada.
Proponse ampliar esta actuación, levando a cabo tarefas de humanización da rúa: renovación de luminarias, instalación de arborado e mobiliario urbano, etc.
Podería ser moi interesante seguir o exemplo do feito en Orillamar.
Instalación dun ascensor na Rúa Historiador Vedía
Sen comentarios • 20/05/2017 •
En consonancia coa política de mellorar a accesibilidade, proponse a instalación dun ascensor na rúa Historiador Vedía. Estas son moi transitadas nunha zona de rúas empinadas, e na que a alternativa supón ter que desviarse moito. Actualmente impiden o paso de persoas con mobilidade reducida, familias con carros de nenos e nenas ou xente que leva bultos. Ademais, nun dos sotos atópase a A.C. Xacarandaina, que leva traballando a prol da música e o baile tradicional desde o ano 1978 e conta con preto de 1000 socios e socias, e sobre 500 persoas que acuden mensualmente a actividades, e esta situación impide o acceso a moitas persoas. A mellor opción sería a instalación dun ascensor que facilitara o tránsito, entendendo que este non se podería garantir cunhas escaleiras mecánicas e sería necesario que tivera paradas nos diferentes sotos ao longo da escaleira.