Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 2

Ampliación de zonas de xogo e zona acolchada infantil na Praza Elíptica

21/05/2017  •  Ismael Caamaño  •  Distrito 2

As zonas de xogo da praza Elíptica atópanse colapsadas todas as tardes debido á multitude de nenos e nenas que as distrutan diariamente.

Por iso vexo necesario que se amplíen estas zonas e equipamentos para contar con maior diponibilidade de xogos para todos os nenos.

Da mesma forma, é necesario ampliar as zonas de xogo con pavimento acolchado, sustiuindo por exemplo unha das zonas de grava, xa que para os máis pequenos é importante ter zonas seguras para os seus primeiros pasos.

En resumo, máis xogos infantís, ampliar zonas de pavimento acolchado, máis equipamento de papeleiras, bancos, fontes.

A praza é suficientemente grande como para ter unha maior dotación, e o número elevado de usuarios faino necesario.

200.000 €