Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 6

Propostas de investimento non viables: Distrito 6

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Ejecutar parte municipal Plaza Fariña Ferreño

09/05/2017  •  dverdini  •  Distrito 6

El Polígono H9.11 "Fariña Ferreño", ahora API R29, contempla una plaza de disfrute para los vecinos. Dicha plaza ha de ser costeada, en sus 2/3 partes, por la Junta de Compensación del Polígono urbanístico y en su 1/3 restante por el Ayuntamiento dado que ese terreno ya es municipal y procede del PERI "Monte das Moas". Dado que ya ha sido presentado el Proyecto de Urbanización del API R29 entendemos que es factible que el Ayuntamiento ejecute la parte de la plaza que le corresponde abonar.

Espazo Escénico participativo na Casa Forte do Parque de Eirís

21/05/2017  •  Asociación Cultural Tres por Cuatro  •  Distrito 6

Investimento en material de audio, son, iluminación e escenario para presentación de propostas escénico-musicais, o aire libre (Dende Maio ata Outubro) na entorna da Casa Forte do Parque de Eirís.

Realización de obradoiros, concertos, teatro, cine, maxia, audiovisuais e todo tipo de presentacións artísticas.

Aberto a todas as idades e tódolos públicos, para un mellor coñecemento da cidadanía da entorna do parque da Lamadosa, no Barrio de Eirís, con actividades culturais e formativas, lúdicas e medioambientais.

 

Área de xogo infantil en terreno en desuso

28/04/2017  •  RB  •  Distrito 6

Frente á EIM Carricanta hai un terreno que se atopa abandonado. Este terreno está entre as rúas: Jose María Hernansaez, Avda da Concordia e R/Alicante. É unha bágoa desaproveitar esta superficie municipal deste xeito. Ao atoparse frente á EIM Carricanta propoño que se faga unha área de xogo infantil e unha zona verde.

Melloras na Avenida da Concordia

04/05/2017  •  psexto  •  Distrito 6

  • Na rúa Avenida dos Caidos a altura do numero -17-19 de dita rúa no descampado de dita rúa maleza e ratas.
  • Amañar beiraruas con baldosas rotas ou en mal estado

As leiras urbanas

30/04/2017  •  psexto  •  Distrito 6

   As hortas de ocio ou leiras urbanas son parcelas para o cultivo, en terreos do concello, xestionados na maioría dos casos polo mesmos concellos ou colectivos de cidadáns, mediante a cesión temporal para o seu uso. Permiten a recuperación de  espazos urbanos, a educación ambiental e a creación de espazos de  socialización. En moitos casos están destinados a un segmento  concreto da poboación como  xubilados, desempregados, nenos, ou a persoas en risco de exclusión social.  No noso barrio temos varias zonas que se poden aproveitar para este uso. Son medidas que precisan pouco orzamento e conseguen un gran beneficio para o barrio e a cidade, son proxectos que acaen perfectamente para a época que estamos a vivir. 

Ampliación de acera y plantación de arboles en Av do Pasaxe

21/05/2017  •  mariajp  •  Distrito 6

En margen dicho dirección salida en parada buses Mpales y Extrarradio para reducir el paso de peatones por el peligro que conllevan los tres carriles existentes. Por mas que el diseño de este espacio consistía en principio en un bulevar central que se hipotecó en función a priorizar a los coches por encima de los vecin@s.

Creación dun parque biosaúdable en Pedralonga

01/05/2017  •  a.vv.pedralonga  •  Distrito 6

Na nosa sociedade medra cada día unha maior conciencia da importancia que ten a práctica regular de actividade física no intento por levar un estilo de vida saudable, para mellorar a calidade de vida e para dar vida aos anos vividos.

Neste senso, os estudos levados a cabo revelan que o exercicio moderado mellora sensiblemente o noso corpo e, polo tanto, a nosa saúde.

Creemos que,en Pedralonga ,é necesario dar cabida a esta oportunidade para que os nosos maiores podan disfrutar dunha mellor calidade de vida o mes o tempo que disfrutan da naturaleza o aire libre e por iso propoñemos a creación dun parque así para eles.

Acupuntura urbana: Tapón en Eirís - Fray Pedro Payo con Jerónimo Vázquez Franco

05/05/2017  •  antonioprado  •  Distrito 6

Na intersección entre Fray Pedro Payo Piñeiro e Jerónimo Vázquez Franco, hai unha pequena finca que impide a unión da beirarrúa de ambas vías, impedindo o enlace coa Avda. de Lamadosa, pola que accede un alto número de persoas do CHUAC, o Parque de Eirís etc., un enlace principal entre o núcleo de Eirís co barrio do Castrillón. 

- Obriga ás veciñas a cruzar pola estrada nun punto moi perigoso pola baixa visibilidade. - Existen automóbiles estacionados incorrectamente, creando un risco vial no desvío. - Non permite un paso fluído nunha vía cun alto tránsito.

Proponse:

- A expropiación baixo acordo coa persoa propietaria do solar que crea o tapón. - Unión da beirarrúa entre as vías antes mencionadas. - Creación dunha plataforma vexetal que impida estacionar incorrectamente. - Creación dun espazo con bancos nese espazo que se gañaría no actual solar.

 

Nova línea de bus en Pedralonga

01/05/2017  •  a.vv.pedralonga  •  Distrito 6

Creemos bastante necesaria a creación dunha nova línea de bus para os veciños do barrio. Levamos anos pedindo unha , xa que contamos con tan sólo dúas ,e unha delas queda bastante alonxada para unha gran parte do barrio pola distancia a que se atopan as paradas.

Ante o crecemento do barrio, no que cada vez hay máis familias, dende xa fai bastantes anos,necesitamos unha nova línea que cubra máis zonas e podamos achegarnos os distintos puntos da cidade sen ter que depender siempre do coche. Hai que ter en conta que non todo o mundo dispón dun medio de transporte privado .

“Escola muncipal de actividades náuticas”

30/04/2017  •  psexto  •  Distrito 6

Na zona da praia de Oza e  acarón da antigo Astileiros Valiña recuperando e pondo en valor esa instalación, pódese habilitar unha “Escola muncipal de actividades náuticas” para que todos, nenos e maiores, coñezan e  practiquen deportes náuticos  que temos nesta cidade. Este tipo de actuacións permite recuperar o patrimonio natural , investir en educación e dar traballo, dende a asociación veciñal entendemos que estas son as actuacións que se precisan nesta época de crise e non dilapidar os cartos desfacendo o que outros teñen feito.