Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 9

Propostas de investimento non viables: Distrito 9

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Elevar pasos de peóns en rúa Gran Canaria

21/05/2017  •  monfero  •  Distrito 9

A rúa Gran Canaria é unha das rúas con maior tráfico do barrio de Labañou.

Esta proposta vai na liña de pacificar un pouco o tráfico, reducindo a velocidade dos vehículos que circulan poa rúa Gran Canaria, unha das rúas con maior tráfico do barrio de Labañou, e facela mais segura.

A idea é elevar os pasos de peóns á altura das aceras, o que obriga aos vehículos a reducir a súa velocidade, aumentando a seguridade dos peóns.

Pasos de peóns á altura de Gran Canaria números:

  • 1
  • 13
  • 20
  • 28

 

Cubrir bancos no parque Adolfo Suarez

19/05/2017  •  Martin  •  Distrito 9

O parque Adolfo Suarez ten zonas con bancos pero todos descubertos...cando chove non hai onde taparse en todo o parque...ademais farian falta mais papeleras repartidas polo parque...Grazas!!!

DEIXAR UN CARRIL POR SENTIDO PARA TRÁFICO EN AVDA DA HABANA

10/05/2017  •  lrf  •  Distrito 9

Eliminación dun carril por sentido na Avda da Habana, vía con escaso volume de tráfico urbano, o que permitiría a creación de carril bici e ampliación de área peonil ou para aparcamentos.

ELIMINACIÓN CRUCE SEMAFÓRICO RONDA DE OUTEIRO/AVDA FISTERRA

09/05/2017  •  lrf  •  Distrito 9

Reordenación do tráfico entre a Ronda de Outeiro a Avda de Fisterra mediante a implantación dunha rotonda, en consoancia co cruce da Ronda con Manuel Murguía.

Demolición do depósito de auga do Ventorrillo e creación de zona verde

16/05/2017  •  antolinp  •  Distrito 9

Descoñezo se o depósito de auga do Ventorrillo ten actualmenta algunha finalidade máis que servir de soporte para algunhas antenas de telefonía móvil. Nun barrio como o do Agra-Ventorrillo que tan escasas son as zonas verdes, a pequena zona verde que está ao seu carón e ampliamente valorada e utilizada polos veciños da zona. Estaría ben facer o plantexamente de que se o depósito e o recinto amurallado que o circunda non ten uso, ou caso de telo este podese desplazara outras zonas, aproveitar este espazo para ampliar e mellorar a zona verde que está ao seu carón comprendida entre as rúas Monasterio de Caaveiro, Rodrigo A. de Santiago e Avenida. Fisterra.

Substitución da balaustrada metálica entre as Esclavas e o Playa club

20/05/2017  •  albertovizoso  •  Distrito 9

Esta balaustrada tan sinxela e pouco estética non é axeitada para o seu entorno. Propoño sustituila por outra con distinto diseño.

Modificación cruce Avda Finisterre/Monasterio Caaveiro

27/04/2017  •  javi  •  Distrito 9

Mi propuesta es eliminar el acceso a la Avda de Finisterre a través de Monasterio de Caaveiro (a la altura del centro de salud) y desviar el tráfico o bien por detrás del centro de salud del Ventorrillo (Francisco Miguel) o bien por Rodrigo Alfredo de Santiago, pudiendo crear de esta forma una nueva zona verde con los carriles eliminados y obteniendo una serie de mejoras

Adjunto enlace con dos capturas de pantalla indicando a mano alzada las modificaciones en el cruce y las direcciones de circulación alternativas así como un enlace a pastebin donde me extiendo un poco más en las mejoras (por culpa del límite de 900 caracteres de este formulario) https://pastebin.com/WmjqdixC

Baños nas áreas verdes do distrito

08/05/2017  •  platas-seixas  •  Distrito 9

Suxiro a colocación de baños nas zonas de encontro da xente dos barrios do distrito. O modelo máis axeitado é o de Oza e Vioño.

Peche dos baños públicos da Plaza Salvador de Madariaga e sustitución...

09/05/2017  •  A. Martínez  •  Distrito 9

Os baños públicos da Praza de Salvador de Madariaga, reabertos hai uns anos, son un punto de venda de drogas. Os servizos de emerxencias xa tiveron que facerse cargo de persoas atopadas no seu inerior.

A proposta radica, por desgracia, no peche de ditos baños públicos, e, se procede, a colocación de urinarios portátiles na zona, para ter servizo e eliminar ese foco de inseguridade. 

Pintar con murais a ponte da Avda. Fisterra con Ronda de Nelle.

20/05/2017  •  anilorrak  •  Distrito 9

A parte inferior da ponte de Avda. Fisterra coa Ronda de Nelle é dende hai moitos anos un lugar oscuro, inseguro, moi sucio, con malos olores (mexadoiro e cagadoiro de persoas e animais) e saturado de coches aparcados que dificultan o tránsito das persoas. Propoñemos unha limpeza a fondo, colocar papeleiras, mellorar a iluminación e despexar o espazo. Pensamos que se poderían realizar murais por parte de pintores locais, o que melloraría artísticamente esta zona tan deteriorada, do mesmo xeito que se ten feito noutras zonas da cidade como na Ponte de Alfonso Molina.