Na Coruña Contas

Volver

A Cidade Escolar sen muros

monfero monfero  •  21/05/2017  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 682

A Cidade Escolar está chea de muros (Escola de Idiomas, Conservatorio, UNED...) que afean o barrio, privan a veciñanza de gozar das zonas verdes que están detrás deles e dificultan a mobilidade das persoas que nos movemos a pé ou en bicicleta.

Polo que propoño que se retiren os muros tal e como se fixo co muro que pechaba o a zona verde da antiga escola de empresariais.

Coa retirada dos muros teremos un barrio máis fermoso, con máis zonas verdes e con unha mellor mobilidade.

Informe de inviabilidade

Moitas grazas pola túa proposta pero temos que etiquetala como inviable pois as parcelas nas que están os muros están cedidas á Universidade da Coruña e á Xunta de Galicia, polo tanto non é competencia municipal.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos