Na Coruña Contas

Volver

Rede de aparcamentos disuasorios

manusandom manusandom  •  21/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 644

Co recente soterramento do tráfico polo túnel do Parrote, a circulación polo centro da cidade é nalgúns momentos, máis que caótica. Polo tanto, propoño que se estableza unha serie de aparcamentos públicos disuasorios que permitan, por unha banda, que os cidadáns poidan estacionar o seu vehículo sen ter que estar pendente da hora, e por outra, a eliminación de coches na zona máis céntrica da cidade.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 50 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Sol

    Totalmente dacordo, pero os aparcamentos disuasorios teñen que estar ben comunicados coas distintas zonas da cidade, non o que pasa na actualidade co aparcamente disuasorio que existe pero que ninguen o usa, xa que non esta sinalizado e deixar o coche ali supón ter que camiñar bastante xa que a linea de bus que existe ten unhas frecuencias malisimas

    Sen respostas
Non hai fitos definidos