Na Coruña Contas

Volver

Elevar pasos de peóns en rúa Gran Canaria

monfero monfero  •  21/05/2017  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 632

A rúa Gran Canaria é unha das rúas con maior tráfico do barrio de Labañou.

Esta proposta vai na liña de pacificar un pouco o tráfico, reducindo a velocidade dos vehículos que circulan poa rúa Gran Canaria, unha das rúas con maior tráfico do barrio de Labañou, e facela mais segura.

A idea é elevar os pasos de peóns á altura das aceras, o que obriga aos vehículos a reducir a súa velocidade, aumentando a seguridade dos peóns.

Pasos de peóns á altura de Gran Canaria números:

  • 1
  • 13
  • 20
  • 28

 

Localización: https://goo.gl/maps/6EYqSnQCjsx

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 20 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos