A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2017

Zona de xogos do centro cívico de Feáns

pancastro pancastro  •  11/05/2017  •  Distrito 4  •    Sen comentarios

Código proposta de gasto: 367

Cambiar os xogos nenos por xogos novos e cambiar os aparatos de ximnasia e biosaudables dos maiores porque son moi grandes e poucos, convén adaptalos ás necesidades físicas das persoas maiores e das mulleres en especial.

Organización: Asociación de Veciños O Freixo

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta é viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A área existente ten uns 500 m2, dos cales uns 300 m2 é onde se reparten os xogos infantís. Os custos indicados son para a retirada e acondicionamento do espazo, instalación de novos xogos e pavimento de caucho nun 60% da superficie, cerramento, etc." Agradecemos a túa participación e esperamos contar de novo contigo nos Orzamentos Participativos do vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.