Na Coruña Contas

Volver

Modernización museos científicos da coruña

anxo_gz anxo_gz  •  11/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 349

A cidade foi pioneira cos seus museos interactivos que deron un troco no concepto dos museos, penso que é hora de que tamén se avance nese tema e como xa fan moitos outros museos se bote man das novas tecnoloxías como a realidade virtual en 3D mediante a adquisición de gafas de realidade virtual ou módulos en 3D, un xeito más de avanzar na modernización dos museos para que sigan a ser un reclamo de coñecemento e tamén turístico de calidade.

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada VIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "O custo estimado da proposta é de 350.000 euros, distribuídos nos seguintes conceptos: Adquisición de módulos: 240.000 euros Adaptación expositiva: 80.000 euros Outros gastos: 30.000 euros." Moitas grazas pola túa colaboración no programa de Orzamentos Participativos e esperamos que volvas participar con nós o vindeiro ano, na seguinte edición.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • pikinha

    Tamén estaría ben que cambiasen periódicamente a temática, as exposicións e/os experimentos. Por suposto que non me estou a referir ó Aquarium, xa que hai animais de por medio, pero que haxa un motivo para, os que xa fomos ós museos, non entre a ansia de repetir.

      • anxo_gz
        anxo_gz  •  Autor  •  15/09/2017 14:41:29

        Cambiar as exposicións de xeito habitual é inviable, penso eu, está ben modernizar, pero para eso xa existen exposición temporais de fotos, caso da casa dos peixes, sesión novas no planetario da casa das ciencias, ou películas novas na casa do home, sempre hai algo novo por ver, ao igual que se vas ao museo de Belas Artes, a min gústame ir de cando en vez, ainda que sempre sexan os mesmos cadros, pero sempre teñen algunha exposición temporal, que ao igual que nos outros casos, fai que te achegues e volvas ver o que xa viches, que por ser coñecido, non deixa sempre de sorprender, ou de aprender de novo algo que esqueceras.

        Sen respostas
Non hai fitos definidos