Na Coruña Contas

Volver

Carril bici entre ELVIÑA e Novo Mesoiro

viladacosta viladacosta  •  04/05/2017  •  Distrito 4  • 

Código proposta de investimento: 197

A miudo observamos como moitos pais, nais e nenos/as, cargan as súas bicicletas nos coches, para poder disfrutar dunha ruta en lugares aptos para a seguridade dos ciclistas.

A xunta, solventa as demandas de instituto e escola indicando que a poucos minutos encontramos ELVIÑA. Pero para chegar alí, é necesario sortear un polígono, unha carretera con estreitas beirarrúas é cruzar carreteras con tráfico abundante e pesado.

Facer accesible e axeitado o paso os menores, fai rapaces/as mais empoderados e autónomos, así como adultos mais respetuosos co medio e mais sans. É necesario dotar de medios os cativo/as para que non se teñan que ver abocados a ser dependentes dos seus pais e nais, como fumos noutras xeracións ou coma son noutros lugares coma os Paises Baixos ou Vitoria onde os menores van e volven en bici a escola con total normalidade. 

Localización: Novo Mesoiro

Informe de inviabilidade

Moitas grazas pola túa proposta, pero é inviable pois a carretera por onde iría o carril bici, dende o Birloque ata o límite co Concello de Arteixo é da Deputación Provincial da Coruña, polo tanto, non é de titularidade municipal.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • viladacosta
    viladacosta  •  Autor  •  26/05/2017 11:36:35

    Informe de inviabilidad
    Moitas grazas pola túa proposta, pero é inviable pois a carretera por onde iría o carril bici, dende o Birloque ata o límite co Concello de Arteixo é da Deputación Provincial da Coruña, polo tanto, non é de titularidade municipal.................... Poderíase buscar alternativa non necesariamente pola carretera de titularidade da Deputación. Ben por Pocomaco ou ben Feans.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos