Na Coruña Contas

Volver

Variante Rampa matadeiro

CARLOS OTERO CARLOS OTERO  •  04/05/2017  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 183

Bos días.

Teño entendido que a parte traseira do hotel Melia María Pita é de uso público, sen embargo a día de hoxe non é de utilidade para os veciños. Se a información é correcta propoño investir en facer unha rampa peonil que una a parte de arriba da Rampa do Matadeiro coa parte de abaixo da rúa Curros Enríquez, permitindo así que os usuarios de esa zona, entre os que hai moitas persoas maiores e cativos polos diferentes colexios da zona, podan estar mais protexidos da auga e o vento no inverno, o tempo que acortan considerablemente o seu camiño e se pon en valor unha zona esquecida.

Moitas gracias.

Localización: Parte traseira do hotel Melia María Pita (Antigo matadeiro municipal)

Informe de inviabilidade

Agradecemos a túa achega pero é inviable pois a súa realización invadiría parcelas de titularidade privada, non municipal.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos