Na Coruña Contas

Volver

Xiro a esquerda en "Entre Xardíns"

jfbalsa jfbalsa  •  02/05/2017  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 156

Actualmente para aceder ao túnel da Mariña só e posíbel para os coches que veñen da avenida da Vedra ou da praza da Palloza. Sería boa idea poñer un novo semáforo uns metros antes do cruce, do lado da policía nacional. De esta forma cando se pecha o ciclo semafórico da avenida do Porto sería posíbel xirar a esquerda en "Entre Xardíns" e aceder ao túnel da mariña para os coches que veñen dende os cantóns que son todos os que veñen da praza de Galicia/Juan Flórez. Ademáis esta modificación non afectaría ao tráfico, porque non sería necesario modificar os ciclos semafóricos da avenida do Porto.

Actualmente para todos os coches que queren circular polo túnel desde Juan Florez teñen que dar a volta ata a praza da Palloza co incremento da polución na cidade.

O custe sería baixo e non afectaría ao tráfico da avenida do Porto.

Localización: Avenida do Porto/Entre Xardíns

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 20 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • JB

    Curiosamente yo tambien hice esta misma propuesta en la web del ayuntamiento, sin respuesta todavía.
    Me parece la única solución viable para aquellos q vienen por la Avda. de Arteixo hacia la plaza de Orense y también para los q vienen desde Santa Catalina, e incluso para los q vuelven desde Correos, permitiéndoles girar a la izqda. hacia Entrejardines para coger los túneles
    Asimismo, se podría aprovechar para girar a la dcha. hacia Entrejardines a los q vienen de los túneles para q puedan incorporarse a los Cantones., bien hacia el Obelisco o bien hacia el Cantón Pequeño.
    Para ello, habría q eliminar el aparcamiento existente en Entrejardines y la propuesta de la parada de buses metropolitanos q se pretende hacer. El tráfico sería más fluido y se evita andar dando vueltas por la ciudad para poder coger los túneles cuando proceden de esos sitios. Las rotondas q se mencionan no las veo viables: En la plaza de Orense hay demasiadas incorporaciones.

    Sen respostas
  • aleixo_varela

    A demanda é necesaria, especialmente tendo en conta a paupérrima sinalización da que dispoñen os foráneos, os cales chegan ata Correos e xa non hai volta atrás nin forma sinxela de entrar no túnel. A outra solución posible, que ademáis preservaría a rúa Entrexardíns (como pretende o Sr. Grandío), sería situar unha rotonda diante entrada ao aparcamento do centro de ocio. Deste modo, quen chegase ata Manuel casas, podería retornar por diante do hotel NH e introducirse no túnel xirando na rotonda. Pero non vos fagades ilusións, este goberno non vai mover un dedo por correxir esta situación e así o manifestou.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos