Na Coruña Contas

Volver

Creación dun parque biosaúdable en Pedralonga

a.vv.pedralonga a.vv.pedralonga  •  01/05/2017  •  Distrito 6  • 

Código proposta de investimento: 138

Na nosa sociedade medra cada día unha maior conciencia da importancia que ten a práctica regular de actividade física no intento por levar un estilo de vida saudable, para mellorar a calidade de vida e para dar vida aos anos vividos.

Neste senso, os estudos levados a cabo revelan que o exercicio moderado mellora sensiblemente o noso corpo e, polo tanto, a nosa saúde.

Creemos que,en Pedralonga ,é necesario dar cabida a esta oportunidade para que os nosos maiores podan disfrutar dunha mellor calidade de vida o mes o tempo que disfrutan da naturaleza o aire libre e por iso propoñemos a creación dun parque así para eles.

Proposta en nome de: AA VV Pedralonga

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A superficie adecuada para un parque de biosaudables é de 100m2, No estudo de campo realizado non se atopou unha parcela de titularidade municipal, libre de uso, de esas dimensións. " Moitas grazas pola túa participación e esperamos contar de novo coas túas propostas nos Orzamentos Participativos do vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos